JUAN EIRAS COMPOSER                                                              Galician    Spanish   English

 






2018

Ondas do mar levado

PROGRAM NOTES

LABIRINTO AZUL (I). POEMARIO VINDEL

-Martin Codax in memoriam-


ORQUESTRA CLÁSICA DE VIGO

Manuel Martínez Álvarez-Nava, director

Beatriz Riobó, soprano

Eliseu Mera, barítono

Juan José López, clarinete


15 de marzo - 20.30h 

Auditorio do Concello de Vigo, Vigo (Spain)


Manuel Martínez Torres


ONDAS DO MAR LEVADO


_






















Música Callada

VI Cicle de Músiques Contemplatives

PROGRAM NOTES

LES CHEMINS DE LA LUMIÈRE


MÚSICA CALLADA

VI CICLE DE MÚSIQUES CONTEMPLATIVES

Música d’Avui! A la Casa


Carles Chordà, trompa en Fa

Astrid Steinschaden, piano


28 de enero - 19.30h 

Auditori Castanyer, Barcelona (Spain)


_






















2017

Old Sailor’s Room

PROGRAM NOTES

VIGO SINFÓNICO 2017


ORQUESTRA VIGO 430

Vicent Alberola, director

David Grimal, violín


30 de abril - 12.00h 

Auditorio Martin Códax, Vigo (Spain)


Constantino Pérez Muras


OUTROS CANTOS DE LUME E XEO



_























2016

Samhain

PROGRAM NOTES

2016 SPANISH ENSEMBLES FESTIVAL


OCAZENIGMA

Juan José Olives, director


23 de octubre - 12.30h 

Teatros del Canal, Sala Verde, Madrid (Spain)


6 de noviembre - 13.00h

Institut Valencià d’Art Modern (IVAM), Valencia (Spain)


14 de noviembre - 20.00h

Auditorio de Zaragoza, Sala Luis Galve, Zaragoza (Spain)


15 de noviembre - 20.00h

Conservatorio Profesional de La Rioja, Logroño (Spain)


_























“...in einem Nachmittag mit Beethoven”

PROGRAM NOTES

WORLD PREMIERE


ÁLVARO JURADO GARCIA

Timpani

+

“AD HOC” STRING QUARTET


September, 13 - 20.00h 

Auditorio Martín Códax, Vigo (Spain)


_























Old Sailor’s Room

PROGRAM NOTES

LIX Curso Universitario Internacional de Música Española - 2016

MÚSICA EN COMPOSTELA


REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Maximino Zumalave, director

Josep María Colom, piano


August, 5 - 20.30h 

Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela (Spain)


Ramón G. Balado


_























Terra Chá. Aproximaación á estética de Manuel María

PROGRAM NOTES

WORLD PREMIERE

Acto Oficial das Letras Galegas 2016 do CSMVigo


ENSEMBLE DA AULA DE MÚSICA ACTUAL E TALLER DE COMPOSICIÓN I

Javier Viceiro-Filgueira, director

Juan Eiras, profesor de Composición e coordinador artístico


May, 20 - 20.00h 

Auditorio Martín Códax - CSMVigo,  Vigo (Spain)


Juan Eiras


_
























Baladas Galegas. Cen anos de Irmandade

PROGRAM NOTES

APRAZADO SINE DIE


ORQUESTRA SINFÓNICA DO CSMVigo e alumnado de Canto


Juan Eiras


_

























Abstract: Abellas d’ouro

PROGRAM NOTES

WORLD PREMIERE


ORQUESTRA VIGO 430

Vicent Alberola, director


April, 22 - 20.30h 

Auditorio Mar de Vigo - Vestíbulo principal,  Vigo (Spain)


Juan Eiras


_
























Diacronías I

PROGRAM NOTES

WORLD PREMIERE


ADRÍAN PAIS

Saxofón barítono


February, 19 - 20.00h 

Auditorio Municipal, Catoira (Pontevedra, Spain)


Juan Eiras


_



























2015

Beltane, Memory of the Fire

PROGRAM NOTES

WORLD PREMIERE

First Prize in the III Concurso Internacional de Composición para Música de Cámara Arturo Dúo Vital, organizado pola Fundación Botín 2014

LXIV FESTIVAL INTERNACIONAL DE SANTANDER


PLURAL ENSEMBLE

Fabián Panisello, director


August, 11 - 20.30h 

Palacio de Festivales - Sala Argenta, Santander (Spain)


Luciano González Sarmiento

Asesor musical da Fundación Botín


_
























2014

Labirinto azul (I). Poemario Vindel 

Martín Códax in memoriam

PROGRAM NOTES

WORLD PREMIERE

Encarga do Concello de Vigo (Concelleria de Cutlra, OS Vigo 430) no centenario do descubrimento do Pergamiño Vindel (1914 - 2014)


ORQUESTRA SINFÓNICA VIGO 430

Gonzalo Berná Pic, director

Beatriz Riobó, soprano

Eliseu Mera, barítono


November, 16- 20.30h 

Centro Cultural Afundación, Vigo (Spain)


Juan Eiras


_



























Prelúdio aos Cantos da Maré 

PROGRAM NOTES

WORLD PREMIERE


ADRIÁN PAIS, saxofóns

NURIA GONZÁLEZ, violonchelo


July, 31 - 19.00h 

Auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), Santiago de Compostela (Spain)



Juan Eiras


_
























Old Sailor’s Room 

PROGRAM NOTES

WORLD PREMIERE

A proposal from Real Filharmonía de Galicia, in the Incentives Program of Creation 2013, in collaboration with the SGAE Foundation and the Spanish Association of Symphony Orchestras (AEOS)


REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Maximino Zumalave, director

Thomas Demenga, violonchelo

Mireia Pintó, soprano


May, 22 - 21.00h 

Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela (Spain)


May, 23 - 20.30h 

Auditorio Municipal de Ourense, Ourense (Spain)



Juan Eiras (Vigo, 1977)


_



























Dualismos

CATÁLOGO


May, 17


O Dualismo é a doutrina que afirma a existencia de dous principios supremos, increados, irredutibles, independentes, antagónicos e ao mesmo tempo complementarios, que dan sentido á existencia do universo. Hai numerosos exemplos de doutrinas dualistas teolóxicas e filosóficas ao longo da Historia da Humanidade, pero quizais unha das más coñecidas nos nosos días sexa a do Yin e o Yang,  procedente do taoísmo chinés.


No meu caso este concepto interpreteino na súa vertente pitagórica, a cal se caracterizou pola observación dos opostos. En concreto, a primeira oposición da que falaba Pitágoras era a de “límite-ilimitado”, a segunda constituía os elementos dos números, “par-impar”, a quinta oposición, “masculino-feminino”, etc.


Toda esta teoría serviume como punto de partida para expor a confrontación de xestualidades que articulan e vertebran DUALISMOS. En concreto, trabállanse tres que se distribúen entre os catro movementos dos que consta a obra. O primeiro movemento está baseado na antítese entre “resonancia-repercusión”, o segundo constitúe a primeira metade do tándem creado a partir de “liñas horizontais”, mentres que o terceiro movemento, caracterizado por “ataques verticais”, representa o seu oposto. No cuarto tempo, o antagonismo prodúcese entre grupos de dinámicas en “piano” contra dinámicas en “forte”.


Así pois, estes tres dualismos son o principal material temático da obra na que a percusión ocupa un papel protagonista, en contraposición á súa función tradicional dentro da orquestra.


Juan Eiras







2013

Insomnio 

PROGRAM NOTES

Obra obrigada no VII Certame Galego de Bandas de Música


VII CERTAME GALEGO DE BANDAS DE MÚSICA

Federación Galega de Bandas de Música Populares


November, 17 - 16.00h 

Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela (Spain)


Juan Eiras


Corría o ano 1944 cando Dámaso Alonso escribía Insomnio  (Hijos de la ira), que cunha linguaxe violenta, incluso vulgar, e cun estilo innovador, transmitía unha visión inconformista e decadente do mundo que o rodeaba, revelándose contra o sistema de valores preestablecidos.  Baixo a influencia da filosofía existencialista e de autores como James Joyce, Alonso creaba a Poesía desarraigada.


Insomnio, para banda sinfónica, toma como punto de partida estas reflexións damasianas co obxectivo de analizar os tempos que vivimos cunha ollada crítica, porén sen abandonar unha perspectiva de futuro positiva. A técnica do Loop que aparece na segunda sección da obra (técnica de composición na que se repiten motivos), conforma tres imaxes -pasado, presente e futuro- nas que o proceso de acumulación desenlaza na saturación do espazo sonoro.


No século VI d.C. Bieito de Nursia, S. Bieito, creaba a orde monástica beneditina que tería capital importancia na conservación e transmisión da cultura grecolatina, na construción de Europa e no nacemento do sistema de valores occidentais. Na terceira sección de Insomnio aparece unha cita musical que serve de nexo entre a universalidade destes valores e o mundo galaico: a ben-coñecida Marcha procesional do San Bieito. Símbolo que rexenera ese espazo sonoro saturado e que ao mesmo tempo quere ser unha homenaxe a dúas figuras salientables da nosa música. Trátase de D. José Benito González, compositor da marcha e membro dos Dezas de Moneixas, e do mestre D. Ricardo Portela, quen no ano 1989 gravou a que sen dúbida é unha icona do noso patrimonio musical contemporáneo, “Festa en Viascón”.


Con todo, Insomnio é unha obra que invita non só á escoita, senón tamén á reflexión dos procesos que nela aparecen.


Juan Eiras







Concerto dislocado 

PROGRAM NOTES

Obra colectiva

PLASTIC CROWDS


CONCERTO DISLOCADO

Plastic Crowds


September, 20 - 19.30h 

Locations:

MARCO (Museo de Arte Contemporáneo de Vigo),

CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea, Santiago de Compostela),

Auditorio Municipal do Concello de Cangas (Cangas do Morrazo),

Biblioteca Pública Ánxel Casal (Santiago de Compostela),

CCAI (Centro de Cultura Antiguo Instituto - Taller de Músicos, Gijón),

CONSMUPA (Conservatorio Superior de Música del Principado de Asturias - E. Martínez Torner, Oviedo),

IVAM (Instituto Valenciano de Arte Moderno, Valencia),

La Caja Negra (Oviedo),

MAC (Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa, A Coruña),

MUTUO Centro de Arte (Barcelona),

MUSAC (Museo de Arte Contemporáneo de Castilla y León, León),

KABK (Royal Academy of Art, The Hague, Netherlands),

Karakedi Kültür Merkezi (Karakedi Cultural Center, Estambul, Turkey)


Director: Manuel Martínez Álvarez-Nava

Intérpretes: Plastic Crowds Ensemble

Gravación: UVigo TV


Manuel Martínez Torres


Para poder facer música cómpre contar co espazo e o tempo. Son condicións intrínsecas a esta arte, sen as cales non se pode producir.


Trátase dunha arte fugaz que se desenvolve no tempo e necesita dun lugar para levarse a cabo. Coa aparición dos equipos de gravación, os sistemas actuais de comunicación e as novas tecnoloxías, esta necesidade cada vez vólvese máis difusa. No contexto posmoderno cada vez ten máis peso o non lugar na vida diaria, dado que pasamos alí gran parte do noso tempo.


Internet é un non lugar, o gran non lugar do noso tempo. Unha rede na que todo o mundo está conectado e parece acurtar distancias pero que realmente non as acurta, directamente non existen. En Internet non hai nin tempo nin espazo, son meros convencionalismos. Parámetros consensuados que nos permiten habitar este medio.

[...]


A proposta que aquí presentamos consiste en conseguir un non lugar sonoro. Dislocar un concerto. E isto conseguirase mediante a extracción ou captación dunha serie de sons en determinados emprazamentos do mundo coa súa posterior produción no non lugar, configurando así un todo sonoro froito da mestura de distintas partes, as cales non están ao corrente unhas das outras, únicamente limítanse a seguir a partitura que lles foi proporcionada. [...]



Manuel Martínez Torres

www.dislocatedconcert.com







Encontros 

CATALOG


July, 1


...se nada pasase, non habería tempo pasado; se nada houbese de vir, non habería tempo futuro; e se nada houbese, non habería tempo presente. Como son, pois, aqueles dous tempos, o pretérito e o futuro, se o pretérito xa non é, e o futuro aínda non é? E o presente, se fose sempre presente, e non pasase a pretérito, xa non sería tempo, senón eternidade...



(Sto. Agostiño, Confesións, Libro XI, Capítulo XIV)







Cantos da Maré 

CATALOG


June, 21


Cantos da Maré (Cantos da marea) representa un mar en calma, aínda que en constante movemento, onde as xestualidades se desenvolven nun gran proceso de acumulación textural, tímbrico e dinámico.


Proceso que é interrompido por catro aneis, cada un cunha enerxía ben diferenciada dos outros, que teñen un importante rol na dramaturxia da obra, xa que articulan o discurso circularmente de forma case hipnótica, como se fosen cantos de sereas.


Juan Eiras







2012

Insomnio 

PROGRAM NOTES

WORLD PREMIERE

Primeiro Premio no V Concurso Galego de Composicion para Banda de Música e Sección Sinfónica


BANDA SINFÓNICA DA FEDERACIÓN GALEGA DE BANDAS DE MÚSICA POPULARES

Federación Galega de Bandas de Música Populares


December, 29 - 21.00h 

Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela (Spain)


Juan Eiras


Corría o ano 1944 cando Dámaso Alonso escribía Insomnio  (Hijos de la ira), que cunha linguaxe violenta, incluso vulgar, e cun estilo innovador, transmitía unha visión inconformista e decadente do mundo que o rodeaba, revelándose contra o sistema de valores preestablecidos.  Baixo a influencia da filosofía existencialista e de autores como James Joyce, Alonso creaba a Poesía desarraigada.


Insomnio, para banda sinfónica, toma como punto de partida estas reflexións damasianas co obxectivo de analizar os tempos que vivimos cunha ollada crítica, porén sen abandonar unha perspectiva de futuro positiva. A técnica do Loop que aparece na segunda sección da obra (técnica de composición na que se repiten motivos), conforma tres imaxes -pasado, presente e futuro- nas que o proceso de acumulación desenlaza na saturación do espazo sonoro.


No século VI d.C. Bieito de Nursia, S. Bieito, creaba a orde monástica beneditina que tería capital importancia na conservación e transmisión da cultura grecolatina, na construción de Europa e no nacemento do sistema de valores occidentais. Na terceira sección de Insomnio aparece unha cita musical que serve de nexo entre a universalidade destes valores e o mundo galaico: a ben-coñecida Marcha procesional do San Bieito. Símbolo que rexenera ese espazo sonoro saturado e que ao mesmo tempo quere ser unha homenaxe a dúas figuras salientables da nosa música. Trátase de D. José Benito González, compositor da marcha e membro dos Dezas de Moneixas, e do mestre D. Ricardo Portela, quen no ano 1989 gravou a que sen dúbida é unha icona do noso patrimonio musical contemporáneo, “Festa en Viascón”.


Con todo, Insomnio é unha obra que invita non só á escoita, senón tamén á reflexión dos procesos que nela aparecen.


Juan Eiras







Samhain 

PROGRAM NOTES

WORLD PREMIERE

Obra gañadora da Convocatoria para Novos Compositores 2012 de Plural Ensemble


Perspectivas XXI

Música del siglo XXI en España e Iberoamérica


PLURAL ENSEMBLE

Fabián Panisello, director


November, 11 - 21.00h 

Sala Joaquín Turina de Cajasol, Sevilla (Spain)


November, 12 - 21.00h

Autidorio de Zaragoza, Zaragoza (Spain)


December, 1 - 20.30h

Auditori de Barcelona, Barcelona (Spain)


Samhain


Era una de las festividades celtas más importantes, que simbolizaba el inicio del año nuevo y el final del verano. Celebrado el 31 de octubre ha sido asimilado en nuestra cultura como el Día de todos los Santos. Para los celtas, éste era un día en el que el mundo de los vivos y el de los muertos se unían y en donde se realizaban rituales para asegurar la fertilidad de la tierra y así garantizar una buena cosecha.


La obra guarda una estrecha relación con el círculo, entendido éste como un elemento vehicular que condiciona todos los procesos contenidos en Samhain. Aspectos tan dispares como el rito, la arquitectura celta o los ciclos anuales de siembra y recolección están fuertemente ligados a la obra, influyendo en la construcción de todos los materiales musicales.


Juan Eiras







Bitácora 01 - 04 

PROGRAM NOTES


ORQUESTA CLÁSICA DE VIGO

Manuel Martínez Álvarez-Nava, director


April, 25 - 20.00h 

Auditorio David Russell, Conservatorio Profesional de Música de Vigo, Vigo (Spain)



Bitácora 01 - 04 é a primeira parte da obra que ten como título Bitácora 01 - 06 e que conforma o Proxecto de Fin de Carreira do autor, realizado en marzo de 2007. Unha segunda entrega está escrita en versión camerística co título Bitácora 05 - 06.


Bitácora 01 - 04 representa un punto de inflexión na obra de Juan Eiras e ao mesmo tempo simboliza unha primeira etapa de aprendizaxes e descubrimentos. Unha viaxe iniciática na que se desenvolven diferentes técnicas compositivas, anque baixo dunha visión neoclásica. O cuarto movemento, Presto finale, escoitarase hoxe por primeira vez.



Orquestra Clásica de Vigo







2007

Enerxías renovables


Prólogo

Dos Acordes 2007


María José Torres Estarque


Quizá el mayor desafío y lo que diferencia a un compositor de cualquier otro músico, es la desesperada búsqueda de nuevas sonoridades, nuevos horizontes, nuevos colores que, una vez escuchados por el público, parezcan distintos a lo ya creado, nos den una distinta perspectiva de lo ya oído. El bagaje adquirido, lo que forma parte de su formación y comprensión, se va dejando en un segundo plano para buscar, desesperadamente, cómo plasmar unos sentimientos, unos puntos de vista y una estética innovadora (pero siendo fiel a sí mismo), donde se pueda reconocer en las armonías, en las frases, en el entretejido de cada obra, al autor que la compuso.


La obra de Juan Eiras “Enerxía renovables”, es el hallazgo de una expresión nueva, en una huída de la música tonal, de armonías en un estilo dodecafónico que no por eso deja de reflejar la sutilidad y sensibilidad del autor. En su mente, recuerdos de lugares con una vinculación afectiva, dividen este trío dodecafónico, tal y como lo titula, en tres secciones: As Brañas, Na Revolta, Tras da Costa, con un acento de “agarimo” y “lembranza” y un ritmo alterno, quizá, proveniente de su vinculación con el folklore del país. Tres piezas de distintas características entre sí, con unos pasaje de atractivo interés, contrastantes.


Es una huída del tecnicismo, de fórmulas convencionales, a partir de una gran formación académica y sin renunciar a la expresión de su propia personalidad, de sus sensaciones ni su especial manera de expresión.


Sirva este prólogo como introducción a una obra que durante tiempo vi gestar, con trabajo serio, profundo, con cariño y laboriosidad. Mi deseo de seguir siendo testigo de su trabajo creador y mi mayor admiración por ello.







Enerxías renovables


A saudade no estanque

Dos Acordes 2007


Noela Álvarez Bernal


i

A auga esváese entre os meus dedos,

percorre gran parte do camiño morto,

reparte retallos de vida a un universo novo,

dá de beber aos monstros

e de comer aos cegos,

de beber aos tolos

e de comer aos cordos,

dá de beber aos nenos

e de comer aos vellos.

Retallos, retallos de tempo...



ii


Arróupome na distancia cun vento

que fai soar mil melodías

no meu inventado instrumento. ¡Soa, soa!

Unha luz que me absorbe as entrañas

e non me deixa durmir polo día

chegou.

Escóndense as sombras detrás do teu rincón coñecido;

todo está cheo de luz,

unha luz que se traga os meus medos...



iii


Unha luz cegadora

apágase co vento.

Escápanse polo enreixado

retallos dun novo tempo;

unha espiral se confunde con aqueles versos,

unha espiral de sensacións.

Fresca está a mañá,

húmeda, mollada

polo vento, as nubes, a luz, a auga.







2005

Obras para Piano


Prólogo: A Xeración Sensible

Dos Acordes 2005


Roberto Relova Quinteiro

Director del Conservatorio Superior de Música de Vigo


Galicia vive, grazas ó avance dos seus Conservatorios, Escolas de Música, Bandas, Orquestras, Coros, etc., unha época na que o esforzo de moitas persoas ve, por fin, os seus froitos. Neste momento, e por primeira vez na historia, os atriles da “Joven Orquesta Nacional de España” contan con máis xoves galegos que doutras comunidades que, tradicionalmente, ocupaban maioritariamente as especialidades de vento madeira e vento metal. En Galicia residen actualmente brillantísimos músicos que coñecen ben o día a día da realidade da música e dos conservatorios. Vigo é un excepcional exemplo, por non dicir o mellor: o alumnado e profesorado destos centros demostra, máis aló dos nosos límites, a calidade do seu trabajo, do seu empeño e do seu talento: levo anos defendendo o talento natural dos nosos músicos.


Pero insisto na idea de que o Conservatorio Superior de Vigo ten alcanzado un gran prestixio pola correcta dinámica dos diferentes departamentos e do seu alumnado. O curso 2004-2005 ven marcado polas diferentes propostas da comunidade escolar, e que se desenvolveron con autonomía propia: Homenaxe a John Cage no “Museo Marco”, ó Mestre Soutullo, a posta en escena do “Dildo e Eneas” de Henry Purcell, os diferentes Cursos Internacionais de especialización realizados, etc., son propostas que nacen da extraordinaria vontade do alumnado e profesorado.


Por primeira vez, o Conservatorio Superior de Música de Vigo, publica a obra de catro novos compositores que se forman no seno do Departamento de Composición que, con exemplar dedicación, dirixe Don Carlos Cambeiro, e que xunto con Don Pablo Beltrán e Don Javier Jurado me expusieron a idea de levar a cabo esta brillantísima idea de publicar as obras dos nosos xoves creadores. A publicación e difusión da creación contemporánea pasa polos momentos máis difíciles da súa historia no Estado Español. Sen unha política institucional de apoio ás editoriais e compositores, e sen a posibilidade de estrear as obras, corremos a perigo de silenciar a expresión máis pura e intimista do ser humano.


Os catro autores que presentan a súa creación musical, representan un exemplo de esforzo, dedicación e un nivel de educación extraordinarios. Son, para min, o máximo modelo a seguir, a admirar. Ángel Montes, José Cantal, Jacobo Gaspar e Juan Eiras, merecen todo o noso esforzo, todo o noso apoio e un agradecemento emocionado pola súa gran calidade humana e artística. Eles son a primeira xeración de compositores e músicos que se teñen consolidado no noso Conservatorio Superior e inauguran a nova expresión do século XXI en Galicia. Estou convencido de elo; a súa traxectoria acaba de empezar e nós, a conciencia do profesorado e as correctas políticas da cultura e a educación, deberán apoiar decididamente ós músicos e creadores galegos que tanto talento gardan no seu interior.


Grazas Juan, Jacobo, José A., Ángel, e a todo o Departamento de Composición. Especial agradecemento, polo seu envidiable empeño, a Don Javier Jurado e á “Editorial Dos Acordes”. En nome de toda a comunidade escolar e do meu equipo directivo, grazas, e moita sorte nesta viaxe de bellísimas creacións.




    © K.R.

2017