JUAN EIRAS COMPOSITOR                                                                  galego    español   inglés

 






CONCERTOS

Labirinto azul (I). Poemario Vindel

Martin Codax in memoriam

WORLD PREMIERE

16 de novembro, ás 21.00h

Centro Cultural Afundación Vigo


A Orquestra Sinfónica Vigo 430 realizará a estrea absoluta da obra do compositor vigués Juan Eiras, Labirinto azul (I). Poemario Vindel -Martin Codax in memoriam-, encargada pola Concellalía de Cultura de Vigo para conmemorar o aniversario do descubrimento do Pergamiño Vindel (1914-2014). Será o primeiro programa de abono da temporada 2014-15 da OSV430.


TAQUILLA

OSV430




CATÁLOGO

Labirinto azul (I). Poemario Vindel

Martin Codax in memoriam

16 de outubro


Non é unha encomenda doada a de describir en poucas liñas a importancia que para a nosa cultura ten o Pergamiño Vindel. É, en esencia, un anaco da nosa historia, un dos mellores exemplos da lírica medieval galego-portuguesa, e sen dúbida, un documento de culto non so para investigadores, senón tamén para músicos. Descuberto por Pedro Vindel , contén unha escolma de sete cantigas de amigo do trobador vigués Martin Codax, das cales seis inclúen a notación musical. 


“Labirinto azul (I). Poemario Vindel –Martin Codax in memoriam-   está escrita en estilo ‘non-narrativo’, dado que non emprega os textos de forma lineal. Simboliza unha viaxe trazada a través do timbre, dos ritmos, dos xestos melódicos e das resonancias que toman como punto de partida as relacións textuais e ‘hipertextuais’ do pergamiño, exemplificando o percorrido labiríntico que este realizou dende a súa orixe.


Estruturada en catro seccións, toma prestada a forma prototípica da cantiga de amigo e emprega a figura do leixaprén como recurso característico de repetición. O mar introdúcese na orquestra a través da electrónica coa mesma naturalidade coa que o fai na poética codaciana, reflectindo unha imaxe distorsionada do azulado espectro mariño que trasncende a temporalidade.


Esta obra é unha encarga da OS Vigo430 e a Concellería de Cultura do Concello de Vigo na conmemoración do centenario do descubrimento do Pergamiño Vindel (1914-2014), e inicia un ciclo de composicións adicadas aos tres trobadores homenaxeados no Día das Letras Galegas de 1998: Meendinho, Johan de Cangas e Martin Codax.








MÚSICA / AUDIO

Old Sailor’s Room

WORLD PREMIERE

3 de outubro


Gravación da estrea de Old Sailor’s Room dentro do Programa de Incentivos á Creación 2013 da Fundación SGAE, en colaboración coa Asociación Española de Orquestras Sinfónicas (AEOS), e a petición da Real Filharmonía de Galicia (RFG).



Escoitar...!



Música / Audio




CONCERTOS

Prelúdio aos Cantos da Maré

WORLD PREMIERE

31 de xullo, ás 19.00h


Adrián Pais, saxofóns, e Nuria González, chelo, estrean o Prelúdio aos Cantos da Maré este xoves 31 ás 19.00h, no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) en Santiago de Compostela.


A entrada é de balde. Capacidade do auditorio: 250 persoas







NOVAS

TVG2 (CRTVG)

Zigzag Diario: “Juan Eiras, un renovador da música en Galicia”

Entrevista ao compositor Juan Eiras no programa cultural Zigzag Diario da TVG2, despois de gañar o 1º Premio no III Concurso Internacional de Composición para Música de Cámara Arturo Dúo Vital, coa obra “Beltane, Memory of the Fire”.

25 de xuño, 21.30h CET (GTM+2:00)


Este mércores o espazo cultural da TVG “ZigZag Diario” entrevistará a Pablo Novoa, mítico compoñente do non menos mítico grupo vigués dos anos 80 Golpes Bajos. O que fora guitarrista da banda conversará con Pilar G. Rego sobre os preparativos para facer unha grande homenaxe este verán a Golpes Bajos, cuxas cancións percorreron España enteira durante aqueles anos con títulos tan coñecidos como “Malos tiempos para la lírica”.


No capítulo de reportaxes, o equipo do “ZigZag Diario” ten feita á do grupo Why Go, que sacar novo disco e que partipará no Festival Sinsal da illa de San Simón, na baía viguesa, do 25 ao 27 de xullo. Noutra, o protagonista será o grupo Terbutalina, que presenta a súa oferta de hard-rock. Por último, o artista vigués de música contemporánea e clásica Juan Eiras será o protagonista da terceira reportaxe.


Complementa o programa deste mércores o espazo preparado por Moncho Lemos sobre o gran concerto que agarda dar ao público galego a formación británica Madness, que estará o 9 de agosto na Coruña dentro da programación do Noroeste Pop Rock.


Zigzag Diario

CRTVG




MÚSICA / AUDIO

Prelúdio aos Cantos da Maré

Versión revisada, 2014

Para Saxofón Soprano (muta en Tenor) e Violonchelo

23 de xuño


Sesión de gravación do Prelúdio aos Cantos da Maré con Adrián Pais, saxofóns, e Nuria González, chelo.



Escoitar...!



Música / Audio




CONCERTOS

Old Sailor’s Room

WORLD PREMIERE

Tchaikovski, Eiras e de Falla protagonistas do concerto en Ourense

Real Filharmonía de Galicia

23 de maio, ás 20.30h


Auditorio Municipal de Ourense


REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Maximino Zumalave, director

Thomas Demenga, violonchelo

Mireia Pintó, mezzosoprano


Programa:


  1. J.Eiras, Old Sailor’s Room (obra encargo da Fundación SGAE)

  2. P.I. Tchaikovski, Variaciones sobre un tema rococó, op. 33

  3. M.de Falla, El corregidor y la molinera



Real Filharmonía de Galicia




CONCERTOS

Old Sailor’s Room 

WORLD PREMIERE

“El corregidor y la molinera” de M. de Falla,

con Demenga (chelo) e Pintó (mezzosoprano)

Real Filharmonía de Galicia

22 de maio, ás 21.00h


Auditorio de Galicia


REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Maximino Zumalave, director

Thomas Demenga, violonchelo

Mireia Pintó, mezzosoprano


Programa:


J. Eiras, Old Sailor’s Room (obra encargo da Fundación SGAE)

  1. P.I. Tchaikovski, Variaciones sobre un tema rococó, op. 33

  2. M.de Falla, El corregidor y la molinera



Real Filharmonía de Galicia




CATÁLOGO

Dualismos

Versión revisada, 2014

Para Set de Percusión e Orquestra Sinfónica

17 de maio


O Dualismo é a doutrina que afirma a existencia de dous principios supremos, increados, irredutibles, independentes, antagónicos e ao mesmo tempo complementarios, que dan sentido á existencia do universo. Hai numerosos exemplos de doutrinas dualistas teolóxicas e filosóficas ao longo da Historia da Humanidade, pero quizais unha das más coñecidas nos nosos días sexa a do Yin e o Yang,  procedente do taoísmo chinés.


No meu caso este concepto interpreteino na súa vertente pitagórica, a cal se caracterizou pola observación dos opostos. En concreto, a primeira oposición da que falaba Pitágoras era a de “límite-ilimitado”, a segunda constituía os elementos dos números, “par-impar”, a quinta oposición, “masculino-feminino”, etc.


Toda esta teoría serviume como punto de partida para expor a confrontación de xestualidades que articulan e vertebran DUALISMOS. En concreto, trabállanse tres que se distribúen entre os catro movementos dos que consta a obra. O primeiro movemento está baseado na antítese entre “resonancia-repercusión”, o segundo constitúe a primeira metade do tándem creado a partir de “liñas horizontais”, mentres que o terceiro movemento, caracterizado por “ataques verticais”, representa o seu oposto. No cuarto tempo, o antagonismo prodúcese entre grupos de dinámicas en “piano” contra dinámicas en “forte”.


Así pois, estes tres dualismos son o principal material temático da obra na que a percusión ocupa un papel protagonista, en contraposición á súa función tradicional dentro da orquestra.







NOVAS

O compositor galego Juan Eiras gaña o III Concurso Internacional de Composición para Música de Cámara Arturo Dúo Vital

Fundación Botín, Santander

2 de abril


O compositor galego Juan Eiras ven de gañar a terceira edición do Concurso Internacional de Composición para Música de Cámara Arturo Dúo Vital coa obra Beltane, Memory of the Fire. Convocado pola Fundación Botín, ten unha dotación de 18.000 euros e a obra estrearase no 63 Festival Internacional de Santander.


O xurado estivo formado polos compositores Consuelo Díez, Tomás Marco, Francisco Novel Sámano, Andrea Portera -gañador da edición anterior do concurso- e Luciano González Sarmiento, pianista, musicólogo e asesor da Fundación Botín.


O xurado tomou a decisión de outorgar o premio á obra citada por unanimidade, tras valorar a súa orixinalidade e unha depurada técnica compositiva e subliñar o “alto nivel compositivo” do Concurso nesta convocatoria do ano 2014, á que concorreron 105 partituras de compositores procedentes de 12 países.


Fallo do xurado

FUNDACIÓN BOTÍN




CATÁLOGO

Prelúdio aos Cantos da Maré

Versión revisada, 2014

Para Saxofón Soprano (muta en Tenor) e Violonchelo

25 de marzo


Prelúdio aos Cantos da Maré representa un mar en calma, aínda que en constante movemento, onde as xestualidades se desenvolven nun gran proceso de acumulación textural, tímbrico e dinámico.


Proceso que é interrompido por catro aneis que teñen un importante rol na dramaturxia da obra, xa que articulan o discurso circularmente de forma case hipnótica, como se fosen cantos de sereas.







CATÁLOGO

Beltane, Memory of the Fire

2012-2014

Para Ensemble

31 de xaneiro


Na cultura Celta, Beltane era unha das catro festividades maiores pertencentes ao ciclo anual. Celebrábase o 1 de maio e marcaba a chegada do bo tempo e o comezo do período estival. Esta palabra está composta polo vocábulo bel -bo- e tane -fogo-, e fai alusión ao sentido purificador e máxico que estas tribus, ao igual que en outras moitas culturas, se lle confería ao lume. Na tradicional festa do Beltane prendíanse fogueiras nas montañas e facían que o gando as atravesase para que desta forma se desparasitasen.


Detrás da poética deste rito ancestral, Beltane, Memory of the Fire organízase en dous movementos, onde o primeiro ten un carácter expositivo, case narrativo, e o segundo está baseado na técnica escritural do palimpsesto, no que a través dos procesos e alteracións da memoria, a materia sonora vaise desintegrando do mesmo xeito que o lume faría coa masa orgánica no proceso de combustión, ou o paso do tempo fai coas nosas lembranzas.


Beltane, Memory of the Fire foi escrita entre os anos 2012 e 2014 para ensemble (frauta, clarinete en Sib, fagot, violino, viola, violonchelo, piano e percusión (1)) e ten unha duración de aproximadamente 15 minutos.




    © K.R.