JUAN EIRAS COMPOSITOR galego español inglés
CONCERTOS
Insomnio
WORLD PREMIERE
Primeiro Premio no “V Concurso Galego de Composición para Banda de Música
e Sección Sinfónica”
29 de Nadal
A Federación Galega de Bandas de Música Populares ven de anunciar a data do concerto da estrea de obras premiadas no ‘V Concurso Galego de Composición para Banda de Música e Sección Sinfónica’, onde se interpretará a obra Insomnio de Juan Eiras, gañadora do Primeiro Premio da Sección Sinfónica desta edición.
O concerto será realizado pola Banda Sinfónica da FGBMP o sábado 29 de decembro ás 21.00h, no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela.
CONCERTOS
Plural Ensemble
WORLD PREMIERE
Perspectivas XXI
Música del siglo XXI en España e Iberoamérica
Auditori de Barcelona
Barcelona
1 de Nadal
I Parte
Mateu Malondra Flaquer (1977)
Geometría del Amor (fl, cl, pno, vln, vc) 9 min (2011)
Luis Pérez Valero
Duri Javi
Eneko Vadillo Pérez (1973)
Entrelacs (cl, vc y pno) 8 min 40 seg (2011)
Carolina Cerezo Davila (1993)
*Formas, texturas (fl, cl, vln y vc) 10 min (2012)
II Parte
César Camarero (1962)
*Música para contemplar la evolución de una ola a cámara lenta
(fl, cl, vln, vc y pno) 10 min (2012)
Iñaki Estrada (1977)
*Astiro (fl, cl, vl, vla, cv y pno) 5 min (2012)
Juan Ortiz de Zarate
Breve tratado sobre la furia
Juan Eiras (1977)
*Samhain (fl, cl, vln, vla, vc y pno) 10 min (2012)
*Estrea
CONCERTOS
Plural Ensemble
WORLD PREMIERE
Perspectivas XXI
Música del siglo XXI en España e Iberoamérica
Auditorio de Zaragoza
Zaragoza
12 de novembro
I Parte
Mateu Malondra Flaquer (1977)
Geometría del Amor (fl, cl, pno, vln, vc) 9 min (2011)
Iñaki Estrada (1977)
*Astiro (fl, cl, vl, vla, cv y pno) 5 min (2012)
Eneko Vadillo Pérez (1973)
Entrelacs (cl, vc y pno) 8 min 40 seg (2011)
II Parte
César Camarero (1962)
*Música para contemplar la evolución de una ola a cámara lenta
(fl, cl, vln, vc y pno) 10 min (2012)
Carolina Cerezo Davila (1993)
*Formas, texturas (fl, cl, vln y vc) 10 min (2012)
Juan Eiras (1977)
*Samhain (fl, cl, vln, vla, vc y pno) 10 min (2012)
*Estrea
CONCERTOS
Plural Ensemble
WORLD PREMIERE
Perspectivas XXI
Música del siglo XXI en España e Iberoamérica
Sala Joaquín Turina de Cajasol
Sevilla
11 de novembro
I Parte
Mateu Malondra Flaquer (1977)
Geometría del Amor (fl, cl, pno, vln, vc) 9 min (2011)
Iñaki Estrada (1977)
*Astiro (fl, cl, vl, vla, cv y pno) 5 min (2012)
Eneko Vadillo Pérez (1973)
Entrelacs (cl, vc y pno) 8 min 40 seg (2011)
II Parte
César Camarero (1962)
*Música para contemplar la evolución de una ola a cámara lenta
(fl, cl, vln, vc y pno) 10 min (2012)
Carolina Cerezo Davila (1993)
*Formas, texturas (fl, cl, vln y vc) 10 min (2012)
Juan Eiras (1977)
*Samhain (fl, cl, vln, vla, vc y pno) 10 min (2012)
*Estrea
NOVAS
Insomnio: Primeiro Premio no
“V Concurso Galego de Composición”
Fallados os premios do V Concurso Galego de Composición
6 de novembro
O xurado do V Concurso Galego de Composición, composto por D. Ángel Montes, D. José Luis Quintás e D. Xosé Carlos Seráns reuniuse esta tarde no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela para analizar as 15 obras presentadas, emitindo o seguinte veredicto:
En sección terceira presentáronse tres obras, outorgando o xurado o Primeiro Premio á obra Arieñium do compositor José Ignacio Biesa Lull.
En sección segunda das cinco obras recibidas para participar, resultou premiada a obra titulada Camiños da luz, de Santiago Fontes Mondragón.
En primera categoría, sección sinfónica, o Primeiro Premio foi outorgado a Juan Eiras pola obra titulada Insomnio.
Parabéns aos compositores de parte da Directiva da Federación.
Federación Galega de Bandas de Música Populares
CATÁLOGO
Insomnio
Para Banda de Música Sinfónica
5 de setembro
Corría o ano 1944 cando Dámaso Alonso escribía Insomnio (Hijos de la ira), que cunha linguaxe violenta, incluso vulgar, e cun estilo innovador, transmitía unha visión inconformista e decadente do mundo que o rodeaba, revelándose contra o sistema de valores preestablecidos. Baixo a influencia da filosofía existencialista e de autores como James Joyce, Alonso creaba a Poesía desarraigada.
Insomnio, para banda sinfónica, toma como punto de partida estas reflexións damasianas co obxectivo de analizar os tempos que vivimos cunha ollada crítica, porén sen abandonar unha perspectiva de futuro positiva. A técnica do Loop que aparece na segunda sección da obra (técnica compositiva baseada na repetición de motivos), conforma tres imaxes -pasado, presente e futuro- nas que o proceso de acumulación desenlaza na saturación do espazo sonoro.
No século VI d.C. Bieito de Nicosia, S. Bieito, creaba a orde monástica beneditina que tería capital importancia na conservación e transmisión da cultura grecolatina, na construcción de Europa e no nacemento do sistema de valores occidentais. Na terceira sección de Insomnio aparece unha cita musical que serve de nexo entre a universalidade destes valores e o mundo galaico: a ben-coñecida Marcha procesional do San Bieito. Símbolo que rexenera ese espazo sonoro saturado e que ao mesmo tempo quere ser unha homenaxe a dúas figuras salientables da nosa música. Trátase de D. José Benito González, compositor da marcha de membro dos Dezas de Moneixas, e do mestre D. Ricardo Portela, quen no ano 1989 gravou a que sen dúbida é unha icona do noso patrimonio musical contemporáneo, Festa en Viascón.
Con todo, Insomnio é unha obra que invita non só á escoita, senón tamén á reflexión dos procesos que nela aparecen.
NOVAS
Plural Ensemble, Xira 2012-2013
Convocatoria para novos compositores
1 de xullo
Samhain (Juan Eiras, 2012) resultou gañadora na Convocatoria para novos compositores realizada por PluralEnsemble, A obra formará parte do repertorio que esta prestixiosa agrupación interpretará na súa xira 2012-2013, na que visitarán Sevilla (sala por determinar, 11 de novembro de 2012), Zaragoza (Auditorio de Zaragoza, 12 de novembro de 2012) e Barcelona (Auditori de Barcelona, 1 de decembro de 2012).
PluralEnsemble é un conxunto instrumental especializado en música dos séculos XX e XXI, fundado por Fabián Panisello, o seu director titular e nacido coa vocación de difundir a música contemporánea, con un acento especial na música creada en España. Buscando sempre a máis alta calidade interpretativa, desenvolve anualmente unha tempada estable de concertos e xiras, alternando o máis esixente repertorio de solista con obras de conxunto.
Dende fai varias tempadas desenvolve o Ciclo de Concertos Fundación BBVA de Música Contemporánea no Auditorio Nacional de Música de Madrid e o Ciclo de Solistas Fundación BBVA na súa sede de Madrid e Bilbao, de modo estable; así como diversas xiras nacionais e internacionais.
Ademais, dentro do seu programa pedagóxico divulgativo realiza o proxecto Claves de Acceso no Círculo de Belas Artes de Madrid. Ao longo da súa traxectoria ten intervido con grande éxito de crítica e público nos principais festivais internacionais especializados como son Música de Estrasburgo, A Tempo de Caracas, Présences de París, Ars Musica de Bruxelas, Manca de Niza, Spaziomusica de Cagliari, Aspekte de Salzburgo, IFCP Mannes de Nova York, Festival de Música de Alicante, Quincena Donostiarra de San Sebastián, Ciclo de la WDR de Colonia, Nous Sons do Auditori de Barcelona, Festival de Outono de Varsovia, Ultraschall de Berlín e Klangspuren Festival de Tirol, entre outros; ademais de en prestixiosas salas como o Auditorio 400 do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía de Madrid, Konzerthaus de Berlín, etc.
Colabora con artistas como Peter Eötvos, Salome Kammer, Hilary Summers, Cristóbal Halffter, Wolfgang Lischke, Marco Blaauw, Jörg Widmann, Dimitri Vassilakis, Nicholas Isherwood, Alda Cajello, Allison Bell, José Manuel López López, Siegfried Mauser, Pilar Jurado, Miquel Bernat, Zsolt Nagy, Daniel Kawka, César Camarero, Jon Ketilsson, Pablo Márquez, Charlotte Hellekant, Toshio Hosokawa e Luis de Pablo entre outros.
Ten realizado numerosas gravacións para as radios WDR, RBB, RNE, RF, ORF, RTBF ou a Radio Polaca entre moitas outras, así como gravacións de CD para os selos Col legno (Múnic), Verso (Madrid), Cervantes (Bremen) e NEOS (Múnic)
CATÁLOGO
Metaplasmos II
Para Clarinete en Sib e Orquesta
15 de xuño
Metaplasmos II para clarinete en Sib e orquestra, era en orixe unha obra para clarinete e piano -Metaplasmos (2009)- con un elemento introducido en ámbalas dúas, os altofalantes. A forma da obra ven descrita implícita no propio título; metaplasmos é unha figura de dicción consistente en alterar a escrita ou a pronuncia das palabras mínimamente sen modificar o seu significado.
É a transubstanciación da tradicional forma de tema e variacións, tal e como practicamos na música culta, onde o autor crea un tema co propio nome de METAPLASMOS, outorgando a cada letra un son dos 12 cromáticos posibles; a partir de aí desenvólvense diferentes variacións, nas que malia os cambios na ordenación das alturas, mantense o sentido orixinal, o mesmo que sucede nos metaplasmos lingüísticos.
Esta idea construtiva principal, complétase co recurso de diferentes técnicas, atonalidade, politonalidade, etc., onde aspectos como o timbre ou a procura de outras sonoridades están no cerne da busca desas novas posibilidades expresivas coa combinación dos altofalantes.
O resultado é unha música de aspecto un tanto descarnado, herdeira por unha parte da estética neoclasicista, e por outra de ánimo vangardista na exploración da linguaxe instrumental e textural.
Luis Costa Vázquez-Mariño
(Antoloxía de compositores galegos. Clarinete e Piano, 2012, p. 24, adaptado)
CATÁLOGO
Samhain
Para Ensemble
22 de maio
Samhain, de orixe gaélico, era unha das festividades celtas máis importantes, xunto con Beltaine, Imbolc e Lughnasad, que simbolizaba o aninovo e remate do verán. Celebrado o 31 de outubro foi asimilado na nosa cultura como o Día de tódolos Santos, Halloween nos EE.UU. Para os celtas, este era un día no que o mundo dos vivos e dos mortos se unían e onde se realizaban rituais para asegurar a fertilidade da terra e así garantir unha boa colleita.
En Galicia esta festividade vense celebrando dende antigo, anque nos últimos trinta anos perdeuse. O estudoso Rafael López Loureiro foi o encargado de redescubrir e potenciar o Samaín, que tamén perdura no norte de Cáceres e en zonas de Zamora e León próximas a Galicia, onde a lingua e as tradicións galegas están moi arraigadas.
É sabido que para certas culturas, como neste caso a celta, o círculo ten unha compoñente máxica que forma parte dunha simboloxía mística, como ocorre por exemplo cos crómlech; construcións circulares de carácter necrolóxico. Esta relación coa circunferencia é abordada en Samhain dende unha visión pluridimensional.
Nun primeiro momento, o concepto de Samhain fundamenta dende una óptica transcultural a macroestrutura circular da obra, xa que logo en esencia trátase dun ritual prehistórico –idade de Bronce- que se repite e adapta dunha sociedade a outra até chegar ao noso tempo.
Nun nivel de estrutura intermedio, a obra garda unha forte relación coa dimensión espacial, xa que fai referencia ao tipo de construcións que empregaban estas tribos para a súa defensa, os castros. Eran vivendas de forma circular ou oval amuralladas, situadas en emprazamentos xeográficos estratéxicos que servían para a defensa do poboado. Na última sección da obra represéntase unha construción castrexa, con catro aneis -círculos concéntricos- dentro desta gran estrutura circular.
Finalmente, e dende unha dimensión temporal, Samhain fai referencia ao ciclo anual de sementeira e recolección, concepto que recorda ao movemento circular uniforme. Na obra este aspecto é abordado con grupos irregulares que dan impulso á primeira sección e se transforman de vagar. O xerme destes grupos son as formacións verticais de clusters que aparecen dende o comezo da obra.
CONCERTOS
A Orquestra Clásica de Vigo interpreta “Bitácora 01-04”
25 de abril
A Orquestra Clásica de Vigo interpretará o próximo 25 de abril a obra Bitácora 01-04 do compositor galego Juan Eiras. O concerto terá lugar no Auditorio David Russell de Vigo, ás 20:00h, baixo a dirección do mestro Manuel Martínez Álvarez-Nava.
Programa:
Bitácora 01-04
J. Eiras
I Moderato
II Andante
III Allegro
IV Presto final
Concierto Nº 1 para Piano, en Mib Mayor
F. Liszt
I Allegro maestoso Tempo giusto
II Quasi adagio
III Allegretto vivace
IV Allegro marziale animato
Solista: Severino Ortiz Rey
Sinfonía Nº 35 en Re Mayor K. 385 “Haffner”
W. A. Mozart
I Allegro con spirito
II Andante
III Menuetto - Trio
IV Finale - Presto
Orquestra Clásica de Vigo
NOVAS
Clarinete e piano. Antoloxía de compositores galegos.
1 de abril
Clarinete e piano. Antoloxía de compositores galegos é un triple CD de Asterio Leiva (Clarinete) e Alejo Amoedo (Piano) con todas as composicións galegas do século XX para clarinete e piano.
Por primeira vez, reúnense nun mesmo proxecto a práctica totalidade da música composta por autores galegos para esta formación camerística, cubrindo a totalidade das correntes estéticas e compositivas do século XX, e cunha salientábel variedade formal nas obras e as súas diferentes duracións.
Son más de 160 minutos de música, con dez obras gravadas por primeira vez e tres composicións exclusivas dos autores Eligio Vila, Margarita Viso e Juan Eiras.
© K.R.