ÁGORA POÉTICA: «Enerxías renovables»

ÁGORA POÉTICA
15 de septiembre, 19.00h
Instituto Camões
Vigo

ÁGORA POÉTICA
Miguel Fernández

Organizan:
Orquestra Clásica de Vigo
Instituto Camões
Concejalía de Cultura del Ayuntamiento de Vigo

Entradas: gratis

“Ágora poética” é un proxecto realizado polo artista sonoro Miguel Fernández que busca traballar coa sonoridade da poesía coa fin de serar unha ágora sonora. A instalación consistirá na disposición nun espazo do Instituto Camões unha serie de cápsulas autónomas que reproducirán coa presencia do oínte a lectura dunha selección de poesía galega, portuguesa e asturiana.

As instalacións sonoras utilizan o son como elemento fundamental da obra artística, pero non sempre é posible adecualo correctamente a un espazo expositivo convencional. Nesa situación compre realizar un traballo previo para conseguir o entorno acústico adecuado. A presente obra é un deses poucos casos.

As cápsulas están deseñadas para que, no seu interior, se dean as condicións acústicas dun espazo íntimo e nada reverberante. A vibración do propio cartón da cápsula irradia, sobre a persoa que penetra nela, a voz dun poeta que, a modo de proceso litúrxico, lle transmite a súa poesía na intimidade. O visitante da cápsula recibirá esta mensaxe como si se tratara dunha confesión solamente dirixida a él, “oíente descoñecido”.

Dende un punto de vista técnico, combínase un material pobre, cartón, cunha alta tecnoloxía, sensores que detectan actividade no interior da cápsula, para facer que a vibración da estrutura emule o son do poeta-orador.

A acción comezará coa interpretación dunha obra do compositor Juan Eiras.

Share:

Leave a Reply

© 2011-2023 by Juan Eiras. All rigths reserved.
Top