JUAN EIRAS COMPOSITOR                                                                  galego    español   inglés

 





BIOGRAFÍA


Juan Eiras é un dos novos talentos galegos con maior proxección. Incluído segundo o profesor Roberto Relova dentro da Xeración Sensible de novos compositores galegos, as súas obras foron interpretadas por algún dos músicos e formacións máis importantes de Galicia e España, como a Real Filharmonía de Galicia, a Orquestra Clásica de Vigo, a Orquestra Vigo 430, a Orquestra Sinfónica do CSMVigo, a Jove Orquestra de la Generalitat Valenciana, Taller Atlántico Contemporáneo, OCAZEnigma ou Plural Ensemble, entre outros. A súa música tense escoitado en España, Portugal, Italia, Francia e Xapón.


No ano 2018 é seleccionado polo Comité de Expertos da área de Música, integrado por profesionais independientes, para formar parte da oferta cultural que o Departamento de Cooperación e Promoción Cultural da Dirección de Relacións Culturais e Científicas de AECID, ofrecerá no ano 2018 na rede de Embaixadas e Centros Culturais de España (Unidades no Exterior). Nese mesmo ano, Eiras é seleccionado pola 40ª Edición do Festival Internacional de Música Contemporánea ENSEMS de Valencia.

  

No ano 2014 Eiras gaña o III Concurso Internacional de Composición para Música de Cámara Arturo Dúo Vital coa obra Beltane, Memory of the Fire, promovido pola Fundación Botín. En 2015 a obra é estreada por Plural Ensemble, baixo a dirección de Fabián Panisello, na 64 Edición do Festival Internacional de Santander.


No ano 2013 é seleccionado dentro do Programa de Incentivos á Creación impulsado pola Fundación SGAE, en colaboración coa AEOS (Asociación Española de Orquestras Sinfónicas). En 2014 estrea a obra Old Sailor’s Room coa Real Filharmonía de Galicia en Santiago de Compostela.


No ano 2012 a súa obra Samhain resulta gañadora na Convocatoria para Novos Compositores de Plural Ensemble, sendo seleccionada polo comité de lectura do prestixioso grupo instrumental madrileño para formar parte na súa xira de concertos 2012-2013. Tamén nese ano obtén o 1º Premio (Sección Sinfónica) no V Concurso Gallego de Composición para Banda de Música e Sección Sinfónica coa obra Insomnio, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares e o AGADIC.


No ano 2009 obtén o Premio Andrés Segovia – José Miguel Ruíz de Morales na LII Edición do Curso Universitario Internacional de Música Española - Música en Compostela. Ese mesmo ano Eiras é Finalista no II Concurso Galego de Composición para Banda de Música, coa obra Auga levada.


Dende o ano 2007 é Funcionario de Carreira na especialidade de Fundamentos de Composición, acadando en 2018 a Cátedra de Música e Artes escénicas na especialidade de Composición. Dende o ano 2008 desenvolve a súa actividade docente no Conservatorio Superior de Música de Vigo como profesor de Composición, Instrumentación, Análise aplicado e Tecnoloxías. No ano 2017 pasa a formar parte do equipo docente de Dos Acordes, como preparador de opositores na especialidade de Fundamentos de Composición.   

   

Natural de Vigo (1977), estudiou Educación Musical, Piano e Composición, licenciándose na súa cidade natal coas máximas cualificacións. Posteriormente realizou un Posgraduado en Composición con José María Sánchez-Verdú no Conservatorio Superior de Música de Aragón (CSMA) e un Máster en Investigación Musical na Universidade Internacional de La Rioja (UNIR). Ao mesmo tempo ampliou a súa formación cos compositores Antón García Abril, Albert Sardá, Christophe Havel, Arnau Bataller, Nacho de Paz, Héctor Parra, Philippe Hurel, Fabián Panisello, Agustín Charles, Alberto Posadas, Mauricio Sotelo, Ivan Fedele, Beat Furrer, Salvatore Sciarrino, Luis de Pablo, Sofía Gubaidulina e Helmut Lachenmann.






PREMIOS - BECAS - XURADOS


2018

I TALLER DE CREACIÓ SONORA JOVE ORQUESTRA

DE LA GENERALITAT VALENCIANA

40º FESTIVAL ENSEMS

Institut Valencià de Cultura

Generalitat Valenciana

Jove Orquestra de la Generalitat Valenciana


2018

CATÁLOGO DE ARTISTAS AECID 2018

Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento

Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación

Goberno de España


2014

1º PREMIO

III CONCURSO INTERNACIONAL DE COMPOSICIÓN PARA MÚSICA DE CÁMARA ARTURO DÚO VITAL

Obra: Beltane, Memory of the Fire

Fundación Botín


2013

PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CREACIÓN  

Obra: Old Sailor’s Room

Fundación SGAE e AEOS 

Estrea: Real Filharmonía de Galicia


2013

XURADO 

I CONCURSO ROSALIANO DE COMPOSICIÓNS BREVES

CMUS Profesional de Vigo


2012

1º PREMIO 

V CONCURSO GALEGO DE COMPOSICIÓN PARA BANDA DE MÚSICA E SECCIÓN SINFÓNICA 

Obra: Insomnio

Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGMBP) e XUGA


2012

PREMIO 

CONVOCATORIA PARA NOVOS COMPOSITORES

Obra: Samhain

Plural Ensemble (Madrid, Spain)


2011

XURADO 

IV CONCURSO DE COMPOSICIÓN PARA BANDAS DE MÚSICA E SECCIÓN SINFÓNICA 

Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGMBP) e XUGA


2011

XURADO 

X CERTAME DE NOVOS INTÉRPRETES SOLISTAS JOSÉ VALCÁRCEL

A Estrada (Galicia, Spain)


2009

FINALISTA 

II CONCURSO GALEGO DE COMPOSICIÓN PARA BANDA DE MÚSICA

Obra: Auga levada

Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGMBP) e XUGA


2009

PREMIO ANDRÉS SEGOVIA - JOSÉ LUIS RUÍZ DE MORALES

LII CURSO UNIVERSITARIO INTERNACIONAL DE MÚSICA ESPAÑOLA -

MÚSICA EN COMPOSTELA 

Modalidade: Música Sinfónica e Contemporánea

Música en Compostela - USC - XUGA


2006 

FINALISTA

RUNAS  2006

Irtio

Festival do Mundo Celta de Ortigueira (Galicia, Spain)


2003 

FINALISTA

IV CONCURSO FOLK CUARTU LOS VALLES

Irtio

Navelgas, Tineo (Asturias, Spain)


2001 

FINALISTA

I CONCURSO FOLK DE CUARTU LOS VALLES 

Alfolíes

Navelgas, Tineo (Asturias, Spain)


2000 

1º PREMIO

I CONCURSO FOLC DE RADIO OBRADOIRO 

Alfolíes

Radio Obradoiro, Santiago de Compostela (Galicia, Spain)


2000 

FINALISTA

I CONCURSO FOLC DE RADIO OBRADOIRO 

Irtio

Radio Obradoiro, Santiago de Compostela (Galicia, Spain)


2000

1º PREMIO

I DÍA DA MÚSICA XOVE 

Irtio 

XUGA


1999 

FINALISTA

SAN ESTEBO DE RIBAS DE SIL

Irtio 

ZOUMA RECORDS, Ourense (Galicia, Spain)


1999 

1º PREMIO

X CONCURSO DE MÚSICA FOLK DE GALICIA

Irtio 

XUGA











    © K.R.