JUAN EIRAS COMPOSITOR                                                                  galego    español   inglés

 






CATÁLOGO

Polyhedron

Para Quinteto de Metal

30 decembro


Polyhedron é unha encarga de Omega Brass Ensemble, na que facendo uso do recurso lingüístico da metonimia, o título, que ao tempo é o leitmotiv da obra, fai clara alusión á composición matérica primixenia, ao cerne inorgánico e universal dos obxectos de metal: a súa estrutura molecular, cristalina e poliédrica.


Deste corpo euclidiano que define as tres dimensións, resultan á súa vez os polígonos, que conforman a segunda categoría dos politopos, onde os contrapuntos dan paso ás liñas e puntos, en definitiva elementos orixinais da primeira dimensión. Da conxunción de dous poliedros nacen os polícoros, rexións de gran tensión dinámica e puntos de maior intensidade sonora.


Deste xeito, os obxectos delimitados pola propia esencia destas nanoestruturas buscan a transfiguración dos materiais, desenvolvendo un discurso circular, onde o aire, o alento, é o gran impulsor desta xeometría sonora de puntos e liñas, de contrapunto de planos, de periodicidade e irregularidade que podemos percibir na escoita deste pentaedro sónico.






      

NOVAS

IV Concurso de Composición para Bandas de Música Populares

21 novembro


Invitado pola organización do concurso a tomar parte no xurado, composto polo compositor Juan Durán e o director José Carlos Seráns. Concurso organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares, coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.



FGBMP




NOVAS

X Certame de Novos Intérpretes Solistas José Valcárcel

05 novembro


Invitado pola organización do concurso a tomar parte no xurado, composto polo compositor e director Javier Comesaña, o profesor de clarinete e director Francisco Pérez e o profesor de trompeta, Adolfo Caride.




    © K.R.